Arquivo para a categoría 'Galiza'

Seguinte páxina »

Mugardos inclúese nos proxectos construtivos de Centros de Día para o ano 2011

12 marzo 2010

Desde a Asemblea Local do BNG de Mugardos queremos informar á veciñanza da reunión mantida polo alcalde, o nacionalista Xosé Fernández Barcia, co Xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez.
O obxectivo da xuntanza non era outro ca o de interesarse pola situación do Proxecto do Centro de Día de Mugardos que, como [...]

A hipocresía do PP de Mugardos con respecto ás obras

4 marzo 2010

A asemblea local do BNG de Mugardos sumámonos ao posicionamento do Concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Mugardos, Xosé Xoán Roca Lorenzo, quen ven emitido unha resposta pública á nota de prensa do Portavoz do PP de Mugardos, Juan Domingo de Deus, publicada o pasado 20 de febreiro, na cal instaba ao [...]

O poder central ameaza con asaltar o aforro das galegas e dos galegos

27 xaneiro 2010

Desde o BNG de Mugardos informámosvos da nova tentativa do Goberno español para apresentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas que impulsou o BNG no Parlamento Galego.
De o facer, estaría a perpetrar un asalto en toda regra ao sistema financeiro do noso País. Estaría, ademais, a consumar unha nova agresión ao autogoberno [...]

Miles de persoas piden a retirada do Decreto contra o galego na maior manifestación da historia en favor do galego

22 xaneiro 2010

A manifestación promovida por Queremos Galego rachou todos os rexistos e xa está na historia deste País. Nun día laborábel, Santiago reviviu o espírito dos días de maior convocatoria de Nunca Máis. A presenza de estudantes foi masiva, o cal indica até que punto a mocidade galega comeza a tomar consciencia da necesidade de mobilizarse [...]

O BNG de Mugardos, contra a violencia de xénero

25 novembro 2009

As mulleres e os homes que formamos parte do BNG de Mugardos sumámonos a todos os actos de repulsa convocados para esta data, conmemorando o Día Internacional contra a violencia de xénero.
Animámosvos a participar á concentración convocada pola Marcha Mundial das Mulleres este mércores día 25 de Novembro, ás 20:00 horas na Praza do Ameneiral [...]

Iniciativas do BNG sobre o parón eólico

10 novembro 2009

O pasado 28 de setembro os deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, Fernando Blanco e Carlos Aymerich, presentaron unha serie de preguntas ao respeito do parón eólico  na Mesa do Parlamento, da que aínda hoxe o Partido Popular no goberno da Xunta non deron resposta.
O BNG de Mugardos reproduce o seu contido, tendo [...]

O BNG ANUNCIA UNHA EMENDA AOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA DERROGAR O PLUS DOS ALTOS CARGOS

9 novembro 2009

A militancia do BNG de Mugardos queremos amosar á cidadanía mugardesaa cales son as iniciativas que a nosa organización ven de presentar no Parlamento Galego. O noso obxectivo é o de informar periodicamente do traballo do Bloque Nacionalista Galego en todos os eidos onde ten representación.
Así, anunciamos que o presentará no vindeiro Pleno unha emenda [...]

A RÚA ESTÁ CO GALEGO!

21 outubro 2009

Empregando as palabras do portavoz nacional da nosa organización,  Guillerme Vázquez, este domingo, Galiza exerceu a dignidade e a autoestima. As mulleres e os homes que participamos na que podemos denominar, sen lugar a dúbidas, como histórica manifestación de Queremos Galego, a maior da historia en defensa da nosa lingua, amosou até que punto o [...]

18 de outubro MANIFESTACIÓN en defensa do galego

5 outubro 2009

QUEREMOS GALEGO é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva [...]

O BNG, ante o proxecto de orzamentos do Estado 2010

1 outubro 2009

O proxecto de orzamentos do Estado 2010 é, tal e como foi aprobado polo Consello de Ministros, inasumíbel para Bloque Nacionalista Galego. É inasumíbel quer polo tratamento que se dá nel a Galiza en materia de investimentos quer polo pacote fiscal que este proxecto de orzamentos do Estado incorpora (e que, como se sabe, [...]

Seguinte páxina »