Anúlanse as dilixencias pola suposta trama urbanística en Mugardos

24 xuño 2009

Dous anos despois de que Mugardos protagonizara todo tipo de portadas onde apareceron como imputados o Alcalde, Xosé Fernández Barcia, e a traballadores e traballadoras relacionados direita ou indireitamente co concello, en relación a unha suposta trama urbanística (o denominado caso Virgin), o titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Ferrol, José García Suárez, ven de dictar un auto acordando a nulidade das dilixencias, argumentando un defecto de motivación na autorización das escoitas.

Segundo o xuíz instructor do caso, é preceptivo anular o auto, xa que non apunta nin un só indicio de delicto, e que a resolución xudicial que autorizou as escoitas baseouse en meras conxeturas  que non concretan a participación directa das e dos querellados.  De aí que o auto sexa nulo porque conculca os requisitos constitucionais, legais e xurisprudenciais.

Desde o BNG de Mugardos manifestamos o noso rexeitamento ao acoso mediático que sofriron os nosos concelleiros e alcalde,  reiterámoslles o noso apoio e agardamos que as organizacións políticas que no seu día fixeron unha campaña de acoso e derribo contra o BNG, estén agora  a altura das circunstancias.

Publicado na categoría Local | | Enriba

Deixa unha resposta

Tes que estar rexistrado para enviar un comentario.