O galego, a nosa columna vertebral

12 maio 2009

O BNG de Mugardos recupérase deste longo letargo informativo e recupera a súa actividade na rede.  E facémolo para solicitarvos o apoio á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística que sairá o 17 de maio da Alameda de Santiago de Compostela, baixo o lema O galego, a nosa columna vertebral O idioma que nos une!

Na nosa comarca haberá servizo de autobuses. Sairán ás 10 do Teatro Jofre, en Ferrol, parando en Fene, na Gasolineira de Vilar de Colo, e sairá nunha hora despois da manifestación. Para reservar sitio podedes contactar co local comarcal do BNG 981 36 40 58.

Publicado na categoría Local | | Enriba

Deixa unha resposta

Tes que estar rexistrado para enviar un comentario.