Os edís da oposición en Mugardos gañan nun mes o dobre que o alcalde
- Posted by bngmugardos on Marzo 6th, 2008 filed in Local
A decisión adoptada en xaneiro polo PSOE, PP e IU de Mugardos de retirar o salario ao alcalde nacionalista, Xosé Fernández Barcia, derivou nunha situación insólita. No primeiro mes de aplicación do acordo adoptado pola oposición municipal, os portavoces dalgúns dos grupos da oposición chegaron a cobrar o dobre que o rexedor. Así se desprende do decreto asinado polo propio alcalde o pasado 26 de febreiro, no que se aproba o gasto correspondente as asistencias dos edís da corporación desde o 26 de xaneiro ao 25 de febreiro.
A representante de Izquierda Unida, Pilar Díaz Otero, a concelleira que máis cobrou, acadou os 1.600 euros, seguida a pouca distancia polo independente Manuel Fariña, con 1.540 euros. Estas cifras contrastan cos 880 euros que cobra o alcalde, practicamente un dos que menos percibe de todo o Concello.
Para o BNG é escandaloso e vergonzoso que concelleiros da oposición que apenas dedican tempo ao Concello cobren o dobre que un alcalde que se dedica en exclusiva, todos os días, ao seu traballo no concello ao servizo dos veciños.
Esta situación emana da covardía política e baixeza moral de PSOE, EU e PP, cuxos votantes deberán tomar nota da súa política destrutiva e de xenreira persoal. Un alcalde debe cobrar polo seu traballo e dedicación plena ao Concello e aos veciños.
O BNG quere destacar que malia esta actitude de boicot, o alcalde e o goberno seguen a traballar con normalidade, resolvendo problemas e logrando importantes proxectos e investimentos en beneficio dos veciños e veciñas de Mugardos.
Leave a Comment
You must be logged in to post a comment.