Contigo, Galiza decide! Este martes 26, mitin con Ánxela Bugallo no Centro Cívico

Este martes 26 de febreiro, o Bloque Nacionalista Galego celébrase un mitin en Mugardos coa asistencia de Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura de Deporte da Xunta de Galiza. Será ás 20:00, no Centro Cívico, falarán tamén Xosé Fernández Barcia, alcalde de Mugardos, Carolina Cruz, concelleira de Cultura, e Francisco da Silva, candidato nº 3 ao Congreso dos Deputados.

Durante esta campaña electoral, e como novidade nunhas eleccións xerais, o BNG organiza tamén actos nas parroquias, co seguinte cronograma: 1 de marzo ás 20:30 na escola unitaria de San Xoán de Piñeiro, coa intervención de Ana Vérez, candidata ao Senado, 5 de marzo ás 20:30 no casino de Franza, con Manuel López Foxo, responsábel comarcal do BNG, e 7 de marzo ás 20:30 no casino do Seixo, con Alberte Souto.

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

    Recent Entries