Máis forza en Madrid! Este mércores 23, acto con Francisco Jorquera no Centro Cívico

Este mércores 23 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Cívico de Mugardos, o Bloque Nacionalista Galego organiza un acto público coa participación do noso cabeza de lista pola provincia da Coruña, o senador Francisco Jorquera.

No acto farase un balance da actividade parlamentaria do BNG no Congreso dos Deputados esta lexislatura, na que o traballo do nacionalismo galego permitiu, por exemplo, desbloquear a transferencia de varias competencias pendentes do actual Estatuto de Autonomía e incrementar de xeito substancial os orzamentos que o Estado dedica a Galiza, duplicados no último ano, así como a mellora de numerosas leis aprobadas no Parlamento.

A meta do BNG é que quen goberne en Madrid teña que contar con Galiza. No caso concreto da nosa comarca, o BNG condicionará o seu apoio nas Cortes ao levantamento do veto imposto polo PSOE e que impide ao estaleiro de Fene a construción civil de barcos.

Leave a Comment

You must be logged in to post a comment.

    Recent Entries